lunes, 14 de junio de 2010

Traballo 14-6-2010

Na carpeta de central atoparedes varios anuncios de televisión.
O traballo consiste en ver eses anuncios e facer unha análise crítica. Enviádeme un correo coa vosa análise. Deberá ter tres apartados:

a) Anuncio AXE
b) Anuncios durante a retransmisión da fórmula 1
c) O resto de anuncios en xeral (non fai falta analizar cada un por separado). Fixádevos nas cores, voz en off, tono da voz, música de fondo e a mensaxe que queren transmitir.

A carpeta de central é \\central\pub\departamentos\tecnoloxia\tic1\anunciostv

NOTA: En total son 90 Mb, se ides todos á vez para copialos ou reproducilos, vai "petar". Para poder velos, tedes dúas opcións:
1) Reproducilos na pantalla co proxector e o ordenador principal
2) Que copiedes a carpeta de anuncios ó voso ordenador, pero por turnos, de un en un, non vaiades todos á vez.

P.S. Hai xa guión da curta?

1 comentario:

Tanketa dijo...

Xabi, isto non é un exercicio, é unha tortura, estou de Barbie ata... ejem, vamos, que estou por comprarme unha barbie de tanto anuncio Barbie me va! non ves, xs me lavaron o cerebro T_T

P.D.: Nerea non da sinais de guión, sempre queda o meu argumento como recurso desesperado de última hora xD

Saúdos.