Na carpeta de central atoparedes varios anuncios de televisión.
O traballo consiste en ver eses anuncios e facer unha análise crítica. Enviádeme un correo coa vosa análise. Deberá ter tres apartados:
a) Anuncio AXE
b) Anuncios durante a retransmisión da fórmula 1
c) O resto de anuncios en xeral (non fai falta analizar cada un por separado). Fixádevos nas cores, voz en off, tono da voz, música de fondo e a mensaxe que queren transmitir.
A carpeta de central é \\central\pub\departamentos\tecnoloxia\tic1\anunciostv
NOTA: En total son 90 Mb, se ides todos á vez para copialos ou reproducilos, vai "petar". Para poder velos, tedes dúas opcións:
1) Reproducilos na pantalla co proxector e o ordenador principal
2) Que copiedes a carpeta de anuncios ó voso ordenador, pero por turnos, de un en un, non vaiades todos á vez.
P.S. Hai xa guión da curta?