lunes, 29 de septiembre de 2008

Personalizando as barras laterais

De momento, só escribimos artigos e eliximos a plantilla. O noso blog só ten os artigos na zona central e un menú lateral co índice de artigos, organizados por meses. Imos aprender a colocar outro menú lateral.

Para iso, hai que entrar na zona de administración (enlace Personalizar), pestaña Diseño, na opción Elementos de la página. Podes ver que no lateral temos o menú "Datos persoais" (onde os visitantes poden ver o teu perfil) e "Archivo del blog" (onde os visitantes acceden ó indice de artigos mensual).

Unha terceira opción é "Añadir un gadget", que permite colocar un menú ou gadget. Cando pulses nesa opción verás unha lista de gadgets xa definidos.

O exercicio de hoxe consiste en colocar un menú lateral coa lista de blogs do grupo TIC do Leiras.

Hai dous gadgets que nos sirven para facer esta lista de amigos:
- Lista de blogs: para que aparezan os blogs que asignes como favoritos.
- Lista de vínculos: con este método podes crear unha lista de enlaces ós blogs que queras.


A lista de blogs da clase pódela atopar consultando os comentarios do anterior artigo.

1 comentario:

Diego dijo...

ola sy losada my:wwww.mundorallyes,blogspot.com