lunes, 17 de mayo de 2010

Tarefa para INF1 (18-5-2020)

Tarefas pendentes que hai que rematar:

1) Todas as tarefas de blogs que estaban postas na aula virtual
2) Docs texto: escribir un conto entre dúas persoas
3) Docs folla de cálculo: Facer entre catro persoas unha folla de cálculo para calcular a nota media. Cada un dos catro escribirá o seu nome e as súas notas.

Quen teña rematado isto, comezará a seguinte tarefa:

4) Docs presentación: Elaborar unha presentación entre catro persoas (unha inicia a presentación e compártea cos outros tres). A presentación tratará sobre problemas de seguridade, e cada un dos catro colaboradores desenvolverá un dos seguintes temas:
  • Sniffer
  • Keylogger
  • Phishing e pharming
  • Hoax
  • Spyware
  • Mulas
  • Zombies

lunes, 10 de mayo de 2010

COMENTARIOS HTML

Publica un comentario con enderezo ó teu blog e dicindo quen es.

Redes sociais.




Unha rede social é unha estrutura social composta por diferentes persoas que se comunican vía internet, por diversas razóns.

Hai tamén que diferenciar as redes sociais dos servicios de rede social como poden ser Tuenti ou Facebook porque non é o mesmo.

As redes sociais teñen moitas máis fontes de información que os servicios de rede social, por iso úsanse máis para ampliar a información das persoas.

Unha rede social é un conxunto de información de todas as cousas que se estudian no noso ámbito.