De momento, só escribimos artigos e eliximos a plantilla. O noso blog só ten os artigos na zona central e un menú lateral co índice de artigos, organizados por meses. Imos aprender a colocar outro menú lateral.
Para iso, hai que entrar na zona de administración (enlace Personalizar), pestaña Diseño, na opción Elementos de la página. Podes ver que no lateral temos o menú "Datos persoais" (onde os visitantes poden ver o teu perfil) e "Archivo del blog" (onde os visitantes acceden ó indice de artigos mensual).
Unha terceira opción é "Añadir un gadget", que permite colocar un menú ou gadget. Cando pulses nesa opción verás unha lista de gadgets xa definidos.
O exercicio de hoxe consiste en colocar un menú lateral coa lista de blogs do grupo TIC do Leiras.
Hai dous gadgets que nos sirven para facer esta lista de amigos: - Lista de blogs: para que aparezan os blogs que asignes como favoritos. - Lista de vínculos: con este método podes crear unha lista de enlaces ós blogs que queras.
A lista de blogs da clase pódela atopar consultando os comentarios do anterior artigo.
embed: é un código que serve para incrustar o vídeo na túa páxina, sen ter que ir a youtube para velo. Comeza en e remata en
Exemplo:
Para ver o vídeo, copia este enderezo e pégao na barra de enderezo do teu navegador: http://es.youtube.com/watch?v=gpTc86F0zjw
Este último enderezo quedaría moito mellor se se poidera facer click directamente nel. Para iso, debes seleccionar o texto e engadir un enlace (botón verde con forma de cadea xusto á dereita do botón de colores). Ábrese unha ventá na que hai que pegar o enderezo URL anterior e aceptar.