martes, 21 de octubre de 2008

Folga xeral de estudiantes

O día 22 de outubro e o 13 de novembro está convocada unha folga xeral de estudiantes.

Unha folga non é para tomala a coña. É un dereito individual e colectivo, que levou moitos anos e moitas mortes no pasado chegar a conseguir, e que podedes exercer libremente despois de reflexionar sobre o que estades demandando. Por exemplo, hai dous anos moitos castelán-falantes, algúns dos cales non hai quen vos arrinque unha palabra en galego, vos puxestes en folga para demandar máis clases en galego. Paradóxico, non?

Para coñecer as razóns polas que está convocada esta folga, podedes visitar estes enlaces:

Sindicato de estudiantes

http://www.fotolog.com/zinh00/12359820

domingo, 12 de octubre de 2008

Cal é a esperanza de vida dun blog?

Neste blog publícase un estudio sobre a cantidade de blogs que existen e a porcentaxe deles que se actualizaron (publicando noticias ou comentarios) nos últimos días.


Neste outro blog hai unhas viñetas coas cinco fases do blogger:
  1. Primeiro post
  2. Recepción de comentarios
  3. Comunidade virtual
  4. Fama
  5. Morte

jueves, 9 de octubre de 2008

Cantos países europeos coñeces?

Un pequeno xogo para ver cantos países de Europa podes situar no mapa.

Os que temos máis de 25 vainos costar moitísimo, porque estudiamos que había un país chamado U.R.S.S. e outro chamado Yugoslavia.

Cando pulses no enlace, verás a páxina de Rapidshare. Pulsa no botón "Free User", no que indicas que queres unha descarga gratuíta, e despois pulsa en "Download" (descargar).

Enlace á presentación

miércoles, 1 de octubre de 2008

Inserción de vídeo

http://es.youtube.com/watch?v=P5CoiIFvpAc

lunes, 29 de septiembre de 2008

Personalizando as barras laterais

De momento, só escribimos artigos e eliximos a plantilla. O noso blog só ten os artigos na zona central e un menú lateral co índice de artigos, organizados por meses. Imos aprender a colocar outro menú lateral.

Para iso, hai que entrar na zona de administración (enlace Personalizar), pestaña Diseño, na opción Elementos de la página. Podes ver que no lateral temos o menú "Datos persoais" (onde os visitantes poden ver o teu perfil) e "Archivo del blog" (onde os visitantes acceden ó indice de artigos mensual).

Unha terceira opción é "Añadir un gadget", que permite colocar un menú ou gadget. Cando pulses nesa opción verás unha lista de gadgets xa definidos.

O exercicio de hoxe consiste en colocar un menú lateral coa lista de blogs do grupo TIC do Leiras.

Hai dous gadgets que nos sirven para facer esta lista de amigos:
- Lista de blogs: para que aparezan os blogs que asignes como favoritos.
- Lista de vínculos: con este método podes crear unha lista de enlaces ós blogs que queras.


A lista de blogs da clase pódela atopar consultando os comentarios do anterior artigo.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Blogs do grupo TIC

Bos días a todos e todas.

Imos compartir os nosos blogs. Para coñecer o enderezo de cada un, escribide un comentario a esta entrada indicando o voso enderezo.

Posteriormente, haberá que engadir un panel cos blogs dos compañeiros.

jueves, 25 de septiembre de 2008

Neste execicio, imos colgar un vídeo de YouTube.

Cando abres un vídeo na páxina de YouTube, podes ver dous cadros con texto á dereita da pantalla:

  • URL: é o enderezo para ver o vídeo na páxina de youtube. Sirve para facer enlaces.
    • Exemplo: http://es.youtube.com/watch?v=j7CnItWjoqQ
  • embed: é un código que serve para incrustar o vídeo na túa páxina, sen ter que ir a youtube para velo. Comeza en e remata en
    • Exemplo:
      etc


Para ver o vídeo, copia este enderezo e pégao na barra de enderezo do teu navegador:
http://es.youtube.com/watch?v=gpTc86F0zjw

Este último enderezo quedaría moito mellor se se poidera facer click directamente nel. Para iso, debes seleccionar o texto e engadir un enlace (botón verde con forma de cadea xusto á dereita do botón de colores). Ábrese unha ventá na que hai que pegar o enderezo URL anterior e aceptar.

Exemplo: pulsa aquí para ver o vídeo en YouTube


Este é o resultado se pegas o código embed:



miércoles, 24 de septiembre de 2008

Presentación

Bos días a todo o mundo.

Somos do IES Leiras Pulpeiro de Lugo e comezamos a nosa andaina na web 2.0